| Empresa |
|
| Ciclo Integral da Auga |
|
|
|
| Calidade, Medioambiente e Saúde Laboral |
|
|
|
| Contratación |
|
|
|
|
| Contratación Obras |
|
|
|
| Campañas Informativas |
|
| Atención ao Cliente |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Consumo Responsable |
|
|
|
| |
 |
| |
|
 |
 |
Lectura de Contadores |
| |
- A lectura dos contadores realízase por parte do persoal de COSMA, en , introducindo as lecturas efectuadas no Ordenador central, onde se procede ao seu tratamento como paso previo á facturación.
- A periodicidade das lecturas é trimestral. Cada 3 meses aproximadamente leremos o seu contador.
- Para facilitar a lectura, é conveniente que o contador estea nun lugar accesíbel. Os contadores no interior das vivendas supoñen para o cliente a incomodidade de ter unha visita trimestral para tomar a lectura. Infórmese da posibilidade de trasladar a instalación do contador ao exterior da vivenda.
- En caso de non poder tomar lectura do contador, por ausencia do cliente no seu domicilio, déixase unha Tarxeta de lectura para que el mesmo anote a lectura e nola faga chegar. Para entregarnos a tarxeta, basta con introducila nun buzón de Correos (leva o franqueo pagado, non precisa selo).
- Nos casos nos que non dispoñemos da lectura do contador, factúrase estimando o consumo en base ao histórico de consumos do cliente (como primeira referencia, tómase sempre o consumo do mesmo período do ano anterior).
- Todas as lecturas son revisadas polo noso persoal na oficina. Cando detectamos consumos elevados, procedemos a avisar ao cliente, ante a posibilidade de que exista algunha fuga ou problema na súa instalación.
|
|
 |
|