Español
Empresa
Presentación
Ciclo Integral da Auga
Abastecemento
Redes de sumidoiros
Contadores
Calidade, Medioambiente e Saúde Laboral
Seguridade e Saúde Laboral
Control de Calidade da Auga
Xestion da Calidade
Contratación
Acometidas
Alta de Subministración
Baixa de Subministración
Cambio Titular/Subrogación
Contratación Obras
Perfil do Contratante
Licitacións convocadas con prazo de presentación de ofertas non finalizado
Licitacións con prazo de prsentación de ofertas finalizado e pendentes de apertura de plicas
Campañas Informativas
IV Concurso de Debuxo Infantil, Concello de Narón
Atención ao Cliente
Calendario Laboral
A Nosas Oficinas
Tarifas
Cobros
Facturación
Instalacións Interiores
Actuación sobre contadores
lectura de contadores
Reclamacións
Preguntas Frecuentes
Consumo Responsable
Boas prácticas de aforro
100 maneiras de aforrar
Cálculo do Consumo
 
 

Preguntas Frecuentes

 
1. Cando se di que unha auga é dura? Que problemas produce isto? Como se solucionan estes problemas?
 

A dureza dunha auga débese ao contido de certas sales de calcio e magnesio, que poden estar presentes en concentracións normalmente altas.

Os problemas dunha auga dura verifícanse no fogar cando se dificulta a cocedura dalgúns alimentos (como as verduras), que quedan duros e en ocasións amargos. Así mesmo, unha auga dura dificulta a formación de escuma no baño ou cando se lava a roupa.

En Narón, a auga subministrada ten a consideración de “auga branda”, sendo o grao de dureza de 2,8 graos franceses.

 
2. É preciso o cloro na auga de bebida? En caso afirmativo, canto cloro é recomendable?
 

Unha auga de consumo contaminada pode ser fonte de graves enfermidades. O cloro é unha barreira ante este risco, xa que é un dos mellores desinfectantes que se poden empregar na producción de auga potable.

Se a auga que chega á nosa mesa ten cloro, entón teremos a certeza de que está ceibe de xermes nocivos. A concentración de cloro na auga varía cos distintos tratamentos e coa situación que a nosa casa teña en relación coa rede de distribución de auga. Con todo, esa concentración non debe estar por enriba de 1,5 mg/L de cloro.

 
3. É pura a auga de manancial, de ríos ou lagos?
 

En xeral, non. A meirande parte das augas de orixe superficial (ríos e lagos) son lixeiramente turbias. A sucidade  pode provir de diferentes clases de materia en suspensión, como area fina, arxila, lama ou microorganismos, e partículas coloidadais que son anacos de materia orgánica que proveñen da maceración de follas, codias e outras substancias vexetais en descomposición.

Considérase a auga de manancial coma unha auga pura na súa orixe, pois abrolla directamente do subsolo e está ceibe da contaminación polo home, pero durante o seu percorrido está exposta á contaminación causada polos excrementos de animais e aves silvestres e pola actividade humana. A auga dos ríos e lagos é usada como vía de transporte tanto polas persoas dedicadas á pesca coma polos turistas, o que fai que estas augas se contaminen con organismos patóxenos que lle causan enfermidade ao ser humano.

 
4. Por que debemos pagar pola auga que tomamos se esta é un don da natureza?
 

Porque a auga que se atopa na natureza está fóra do noso alcance e para que chegue ao noso enderezo precísase unha serie de instalacións e equipos custosos. Así mesmo, a auga require ser tratada para asegurar que súa calidade sexa apta para o consumo humano e iso tamén supón custos que deben ser cubertos pola persoa usuaria. Ademais, no pagamento do consumo de auga está incluído tamén o custo do mantenemento das instalacións e redes necesarias para a súa distribución.

 
5. Que lonxitude de entubado ten a rede de auga de Narón?
 

A rede de abastecemento municipal de Narón ten unha lonxitude de 190 km.

 
6. E a rede de sumidoiros?
 

A rede de sumidoiros municipal de Narón ten unha lonxitude de 195 km.

 
7. Que podo facer para aforrar auga?
 
  1. Pechar a ducha e a billa mentres enxaboamos as mans, cepillamos os dentes ou nos afeitamos. Unha billa aberta gasta entre 10 e 20 litros de auga por minuto.
  2. Tomar unha ducha no lugar dun baño. Aforraremos máis de 100 litros de auga.
  3. Tirar da cadea do inodoro só cando sexa imprescindible; que non sirva de papeleira ou cinceiro. Aforraremos entre 10 e 15 litros de auga.
  4. Utilizar accesorios con etiqueta ecolóxica. Cambiar as billas, duchas e cisternas por outros máis modernos e eficientes.
  5. Utilizar a lavadora e o lavalouza só a plena carga. Unha lavadora consume 170 litros de auga e un lavalouza 50.
  6. Reparar as billas e cisternas que goteen. Unha billa que gotea perde máis de 50 litros de auga ao día e unha cisterna pode perder case 250.
  7. Non utilizar a auga da billa para desconxelar alimentos. Utilizar o inodoro só para a súa función. Evitaremos problemas nas redes de sumidoiros e contribuiremos a non contaminar a auga.
  8. Lavar o coche en lavadoiros automáticos. Estes adoitan facer un uso eficiente da auga.
Cosma - Servizo Municipal de Augas de Narón Concello de Narón