Satisfacción do Cliente
Garantir a satisfacción do Cliente mediante a prestación de servicios contratados de acordo cos requisitos especificados, e cos requisitos legais e regulamentarios que lle afecten ás actividades desenvolvidas.
Plan Estratéxico
Plantexar estratexias a medio e longo prazo de funcionamento interno, de comportamento respecto ao Medioambiente e de relación có Cliente, para mellorar a prestación dos servicios, utilizando entre outros, os mecanismos de detección de posibilidades de mellora obtidos pola organización ao aplicar o Sistema de Xestión.
Mellora Continua
Establecer obxectivos de xeito que se manteñan e melloren os niveis de prestación dos servicios contratados e mediante o seguimento destes se revise o Sistema de Xestión e se favoreza a mellora continua do mesmo.
Formación
Planificar e executar de maneira coordinada e progresiva labores permanentes de formación a todo o persoal da Empresa de acordo ás características do seu posto de traballo e as súas expectativas de promoción profesional.
Comportamento Ambiental
Empregar procesos, prácticas ou materiais que eviten, reduzan ou controlen a contaminación e obter así melloras no comportamento ambiental da empresa. |