Español
Empresa
Presentación
Ciclo Integral da Auga
Abastecemento
Redes de sumidoiros
Contadores
Calidade, Medioambiente e Saúde Laboral
Seguridade e Saúde Laboral
Control de Calidade da Auga
Xestion da Calidade
Contratación
Acometidas
Alta de Subministración
Baixa de Subministración
Cambio Titular/Subrogación
Contratación Obras
Perfil do Contratante
Licitacións convocadas con prazo de presentación de ofertas non finalizado
Licitacións con prazo de prsentación de ofertas finalizado e pendentes de apertura de plicas
Campañas Informativas
IV Concurso de Debuxo Infantil, Concello de Narón
Atención ao Cliente
Calendario Laboral
A Nosas Oficinas
Tarifas
Cobros
Facturación
Instalacións Interiores
Actuación sobre contadores
lectura de contadores
Reclamacións
Preguntas Frecuentes
Consumo Responsable
Boas prácticas de aforro
100 maneiras de aforrar
Cálculo do Consumo
 
 

Seguridade e Saúde Laboral

 
Certificado de Riesgos Laborales
 

En España apróbase, en 1995, a Lei de prevención de riscos laborais, coa intención de adaptar a nosa lexislación interna ás esixencias da Unión Europea, e coa finalidade última de evitar os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais antes de que aparezan.

 

A política de prevención de Riscos Laborais en COSMA está integrada no conxunto de actividades e decisións, tanto nos procesos técnicos, na organización do traballo e nas condicións en que este se preste como na liña xerárquica da empresa, incluídos todos os niveis desta.

A integración na prevención en todos os niveis xerárquicos da empresa supón a atribución a todos eles e a asunción por estes da obriga de incluír a prevención de riscos en calquera actividade que realicen ou ordenen e en todas as decisións que adopten.

 

O obxectivo principal de Xestión de Auga é a execución dos servicios nas mellores condicións posibles. Dentro destas, está o promover a mellora continua das condicións de traballo dirixida a elevar os niveis de protección, seguridade e saúde dos traballadores no traballo, co fin non só de garantir o cumprimento da lexislación vixente, senón de adquirir un compromiso real cos traballadores da empresa en materia de Prevención.

 

A política de prevención de Riscos Laborais está baseada nos seguintes principios:

 
  1. Cumprimento da lexislación vixente en materia de Prevención.
  2. Cumprimento do Manual de Prevención e dos procedementos que del derivan.
  3. Implicación de todo o persoal da empresa, desde a Dirección ate o traballador de menor cualificación profesional
  4. Difusión da Política e Obxectivos de Prevención
  5. Asignación dos recursos adecuados e persoal cualificado para lograr un alto nivel de seguridade e saúde e asegurar a aplicación do Sistema de Xestión de Prevención de Riscos Laborais
  6. Creación dun clima de confianza do persoal
  7. Aplicación de procedementos específicos elaborados de acordo co Manual de Prevención e Procedementos Xerais e cos códigos de seguridade, normas e regulamentos aplicables.
  8. Garantía ao traballador da suficiente e adecuada formación e información teórica e práctica, así como a participación e consulta.
 

Para perseguir unha mellora na Prevención de Riscos Laborais establécense uns obxectivos anuais de seguridade e saúde, sobre os que se fai un seguimento do seu cumprimento.

 

Durante o ano 2010 COSMA ratificou a certificación OHSAS 18001 que posúe a empresa dende o ano 2006.

 

A certificación OHSAS 18001, corrobora o compromiso de mellora continua do sistema de xestión da saúde e seguridade laboral establecido por COSMA.

Cosma - Servizo Municipal de Augas de Narón Concello de Narón