| Empresa |
|
| Ciclo Integral da Auga |
|
|
|
| Calidade, Medioambiente e Saúde Laboral |
|
|
|
| Contratación |
|
|
|
|
| Contratación Obras |
|
|
|
| Campañas Informativas |
|
| Atención ao Cliente |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Consumo Responsable |
|
|
|
| |
 |
| |
|
 |
 |
| Abastecemento |
| |
COSMA xestiona o Servicio Municipal de Abastecemento e rede de Sumidoiros de Naron, servindo a unha poboación aproximada de 35.000 habitantes. |
| |
A totalidade da auga subministrada provén da presa das Forcadas e comprase ao Concello de Ferrol a través de tres puntos de subministro:
- Depósito de Catabois: abastece ao Polígono Industrial do Río do Pozo e á Parroquia de O Val.
- Ponte das Cabras: conexión directa coa rede de abastecemento de Ferrol. Abastecendo ao núcleo urbano de Narón, zona rural (Parroquias de Castro e San Xiao) e ao Polígono Industrial de As Lagoas.
- A Gándara: conexión directa coa rede de abastecemento de Ferrol. Abastecendo ao Polígono Industrial de A Gándara e zona urbana de A Gándara.
|
| |
| O reto de COSMA é conseguir un abastecemento adecuado en cantidade e calidade a todos os clientes do servicio. Debendo renovar as redes de fibrocemento existentes, que debido á súa antigüidade provocan numerosas avarías. Con as consecuentes molestias para os veciños e a perda de gran cantidade de auga. |
| |
| Establécese para isto un plan de investimentos así coma un plan de mellora do servicio prestado. Grazas a este plan de investimentos conseguiuse a renovación das redes de abastecemento das seguintes rúas: Río Miño, Río Lérez, Río Mandeo, Obispo Argalla, Eirexa, Paz, San Carlos, A Torre, Espronceda, Zorrilla, Méndez Núñez, W. Fdez. Florez, Cambre, Roncesvalles, Linares Rivas, Manuel Cal, Reis Católicos, Solaina, A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Cardenal Cisneros, Critobal Colón, Francisco Pizarro, Santa Icia, Irmandade, Xoaquín Bruquetas, Bimbeiro, Cerrallón de Abaixo, Cadaval, San Xosé Obreiro, Estación e Rosalía de Castro. |
| |
| Actuacións que se executaron conxuntamente coa renovación dos colectores de saneamento, instalación de colectores de pluviais e renovación das beirarrúas. |
| |
Xunto co plan de investimentos levase a cabo un plan de mellora do servicio. Co obxectivo de reducir de forma progresiva o número e frecuencia das avarías e cortes de subministro. |
| |
|
Grazas a estas actuacións conseguiuse reducir nun millón de metros cúbicos a compra de auga ao Concello de Ferrol.
|
| |
|
 |
|