| Empresa |
|
| Ciclo Integral da Auga |
|
|
|
| Calidade, Medioambiente e Saúde Laboral |
|
|
|
| Contratación |
|
|
|
|
| Contratación Obras |
|
|
|
| Campañas Informativas |
|
| Atención ao Cliente |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Consumo Responsable |
|
|
|
| |
 |
| |
|
 |
 |
| Boas prácticas de aforro |
| |
 |
Na cociña
Ao fregar os pratos, non permitas que a auga corra mentres os enxaugas.
Enche un lado do vertedeiro con auga para lavar e o outro con auga para aclarar.
Pon en marcha a lavadora e a lavalouza unicamente cando estean cheos.
En verán, garda a auga na neveira ou o conxelador para mantela fría, isto é moito mellor que deixar que o chorro de auga corra ata que se poña fría. |
|
| |
 |
No baño
¡Date duchas curtas! Antes de ducharte, instala unha alcachofa de baixo fluxo. Non son caras e poden supoñer unha gran diferenza no consumo de auga.
Pecha a auga mentres cepillas os dentes, aféitaste, etc.
Enche de auga unha botella de plástico e colócaa na cisterna do cuarto de baño, ¡ así aforrarás 45 litros do volume de auga que utilizas cada día cando tiras da cadea! |
|
| |
 |
De compras
A auga está nas froitas e vexetais que consumes cada día.
Toma conciencia da importancia que a auga ten en todos os ámbitos da túa vida.
Diariamente, considera iniciativas ambientais intelixentes no que respecta aos produtos que consumes.
Consume produtos agrícolas que proveñan da agricultura e respecten o medio. Que non conteñan pesticidas, produtos químicos e gasten menos auga que a agricultura intensiva. |
|
| |
 |
Onde queira que esteas
Mantén limpa a túa comunidade, recicla e non ensucíes. ¡ Tamén así aforrarás auga!
¡Consegue que os teus amigos e familia valoren tamén a auga! ¡ Impón as regras na casa!
En moitos países a auga é de excelente calidade e non é necesario comprala en botella. Bebe auga da billa e evita que as botellas de plástico danen o medio.
Se consumes auga embotellada, reutilizar as botellas ou cómpraas grandes. |
|
| |
 |
Na túa comunidade
1.200 millóns de persoas, é dicir case unha de cada 5 persoas, non teñen acceso á auga potable e, a metade da poboación mundial carece de sistemas axeitados de depuración de auga. O problema da auga atínxenos a todos e polo tanto, todos somos responsables. |
|
| |
 |
Na escola
Mestres: Animade aos alumnos a que escriban textos e fagan presentacións sobre o tema da auga. A auga afecta todos os ámbitos da sociedade e pode estudarse dende calquera área, historia, xeografía, política, ¡ mesmo nos cursos de idiomas! Intentade incorporar o tema da auga ao plan de estudios.
A túa clase ou escola podería adoptar un lago ou un río co fin de coñecer a súa historia, e como se están a utilizar os recursos. O grupo podería protexelo e mantelo limpo.
Cartografa os recursos hídricos locais e crea un mapa con observacións científicas, culturais, históricas e de fauna e flora, relacionadas cos problemas do río ou lago. É unha boa ferramenta, non só para gardar un rexistro do que significa a auga para a comunidade, senón tamén para educar, e coñecer que é o que asegura a súa protección.
¡Sede creativos! Organizade exposicións de arte, lecturas de poesía o tema da cal estea centrado na auga. Organizade concursos de fotografía ou de carteis nas súas áreas durante o Ano Internacional da Auga doce. |
|
| |
 |
No xardín
Para conseguir un bonito xardín e un céspede verde e exuberante, le os nosos consellos sobre como aforrar auga no xardín. |
|
| |
 |
Rego
Reagrupa as plantas en función da cantidade de auga que necesite, e deseña o modelo de rego máis axeitado para as túas plantas sen malgastar auga.
Rega sempre as plantas durante as primeiras horas da mañá ou as últimas da tarde, cando a temperatura sexa máis fresca e redúcese ao mínimo a evaporación.
Recolle auga de chuvia para regar as plantas. |
|
| |
 |
Plantas
As follas das plantas e as árbores non hai que regalas. Bota a auga sobre as raíces e asegúrate de que a absorben toda.
Cando limpes a túa peixeira, utiliza a auga que vas desbotar para regar as plantas. É auga rica en nitróxeno e fósforo, e ofréceche un fertilizante eficaz e sen custo algún. Podes facer o mesmo coa auga na que ferviches a pasta, por exemplo.
Coloca as plantas das túas macetas nun cubo ou vertedeiro cheo de auga. Déixaos durante uns minutos ata que a auga penetrara totalmente e a terra se aireara.
Escava unha pequena gabia arredor das árbores do teu xardín para facilitar que a auga penetre e non escape.
Compra plantas autóctonas da túa rexión e clima. Cada planta require coidados diferentes e, se che preocupa o uso da auga, é importante que teñas en conta a cantidade de auga que necesita, o seu tamaño, aparencia, tempo de floración á hora de elixilas.
Se vives nunha zona seca, ou extremadamente seca en verán, planta especies tolerantes á calor que sobrevivan sen necesidade de rego ou con moi pouca auga. |
|
| |
 |
O céspede
Cada variedade de céspede necesita unha cantidade diferente de auga. Consulta o teu viveiro local, alí diranche cáles son as variedades máis apropiadas para o lugar no que vivas.
Ao cortar o céspede non o deixes a menos de 2 cm. Pola contra, non contará con follas abondas que o protexan do efecto abrasador do sol.
O céspede é o parte que máis auga necesita dun xardín. Se ti es responsable de deseñar o xardín, reduce ao mínimo a superficie. |
|
|
|
 |
|