En España apróbase, en 1995, a Lei de prevención de riscos laborais, coa intención de adaptar a nosa lexislación interna ás esixencias da Unión Europea, e coa finalidade última de evitar os accidentes de traballo e as enfermidades profesionais antes de que aparezan.

A política de prevención de Riscos Laborais en COSMA está integrada no conxunto de actividades e decisións, tanto nos procesos técnicos, na organización do traballo e nas condicións en que este se preste como na liña xerárquica da empresa, incluídos todos os niveis desta.

A integración na prevención en todos os niveis xerárquicos da empresa supón a atribución a todos eles e a asunción por estes da obriga de incluír a prevención de riscos en calquera actividade que realicen ou ordenen e en todas as decisións que adopten.

O obxectivo principal de Xestión de Auga é a execución dos servicios nas mellores condicións posibles. Dentro destas, está o promover a mellora continua das condicións de traballo dirixida a elevar os niveis de protección, seguridade e saúde dos traballadores no traballo, co fin non só de garantir o cumprimento da lexislación vixente, senón de adquirir un compromiso real cos traballadores da empresa en materia de Prevención.

A política de prevención de Riscos Laborais está baseada nos seguintes principios:

1. Cumprimento da lexislación vixente en materia de Prevención.
2. Cumprimento do Manual de Prevención e dos procedementos que del derivan.
3. Implicación de todo o persoal da empresa, desde a Dirección ate o traballador de menor cualificación profesional.
4. Difusión da Política e Obxectivos de Prevención.
5. Asignación dos recursos adecuados e persoal cualificado para lograr un alto nivel de seguridade e saúde e asegurar a aplicación do Sistema de Xestión de Prevención de Riscos Laborais.
6. Creación dun clima de confianza do persoal.
7. Aplicación de procedementos específicos elaborados de acordo co Manual de Prevención e Procedementos Xerais e cos códigos de seguridade, normas e regulamentos aplicables.
8. Garantía ao traballador da suficiente e adecuada formación e información teórica e práctica, así como a participación e consulta.