Filtro Noticias
Filtro de búsqueda

O Concello e Cosma entregan os premios do V Concurso de Debuxo Infantil organizado con motivo da celebración do Día da Auga

07/08/2013

O Concello e Cosma entregan os premios do V Concurso de Debuxo Infantil organizado con motivo da celebración do Día da Auga

O Concello e Cosma entregan os premios do V Concurso de Debuxo Infantil organizado con motivo da celebración do Día da Auga

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado polo xerente da empresa mixta de augas Cosma, Jose Manuel Marcote, e o Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, entregaron hoxe os premios da V Edición do Concurso de Debuxo Infantil que se promoveu con motivo do Día Mundial del Auga, o 22 de marzo.

Baixo o lema “O futuro da auga pinta ben porque o pintas ti”, este certame contou cunha importante participación, posto que case 200 nenos/as presentaron os seus debuxos. Participaron os escolares de 3º ,4º, 5º e 6º de Educación Primaria de colexios de Narón.

A relación de premiados foi a seguinte:

Gañadores (recibiron unha tablet)

-Luis Bello (CEIP A Gándara)
-Judah Rentería (Colexio Jorge Juan)

Finalistas (un xogo do Ecosistema, para analizar a calidade da auga, cultivar plantas, experimentar co ciclo natural da auga, xerar choiva, etc…)

-Noelia Pemabad (CPR Ayala)
-Leila Vegas (Colexip Jorge Juan)
-Mario Novo (Colexio Jorge Juan)
-Marcos Naveira (CEIP Ponte de Xuvia)

Esta foi a quinta edición do Concurso de Debuxo Infantil de Cosma rexistrándose cada ano maior participación tanto dos colexios como dos nenos participantes. O certame foi un ano mais todo un éxito, non so pola gran participación, senón pola labor de concienciación conseguida nos nenos artistas que plasmaron con gran creatividade que o futuro da auga pasa porque desde xa se faga un uso intelixente, eficaz e racional deste valioso recurso.

Este ano o certame incidiu especialmente no desenrolo e aplicación de novas tecnoloxías, algunhas dispoñibles nestes momentos, que sirvan para alcanzar un uso mais eficiente no consumo da auga nos fogares e cidades e respetuoso co Medio Ambiente. Tamén insistiuse no esforzo que dedican xestores como Cosma na posta en marcha de técnicas e innovacións que contribúan a facer mais fácil a vida aos cidadáns.

Jose Manuel Marcote, xerente de Cosma sinalou que “estamos desenrolando novas tecnoloxías ao servizo dos cidadáns baseadas na innovación e no uso de tecnoloxías da información para contribuír á creación de servizos intelixentes, xa que o ciclo integral da auga ten unha crecente importancia para as cidades modernas e os seus habitantes”.

“Gustaríanos que un ano mais, o concurso de debuxo servira para facer chegar estes mensaxes aos mais novos, que son o futuro”, engadíu Jose Manuel Marcote. “Desta maneira, non só coñecerán mellor a auga e o seu ciclo integral, senón tamén aprenderán a valorar mais o traballo que supón levala aos fogares con totais garantías, con calidade e cantidade e ademais utilizando tecnoloxías que fan a vida más fácil y axudan a consumila de forma mais responsable”.

Na mesma liña expresouse o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ó destacar o gran esforzo feito polo Concello no ano 2003, cando se creou a empresa mixta de augas Cosma. Un esforzo que non foi en balde, dado que nestes dez anos de vida Narón deixou de mercar 1 millón de metros cúbicos de auga a Ferrol (o que supón unha redución do 30% da compra de auga), grazas á mellora da xestión da auga feita por esta empresa, a través da aplicación das novas tecnoloxías e ó control das fugas de auga, entre outras medidas.

“Este aforro no consumo representa máis dun millón de euros, ao longo destes anos, que deixamos de invertir na compra de auga a Ferrol, e ademais nesta década tamén fomos capaces de aumentar o número de aboados, chegando na actualidade a 17.600 clientes” sinalou o Alcalde de Narón. Non obstante, José Manuel Blanco insistiu na necesidade de continuar facendo un consumo responsable da auga, especialmente a partires da entrada en servizo da EDAR, que será cando se note unha suba do recibo debido ós custes da depuración.