CAMBIO DE CONTADOR

Particularidades

  • Se o contador é de aluguer; o mantemento corresponde a empresa subministradora.
  • Se o contador é de propiedade (non elixiu a opción de aluguer); o mantenemento corresponde ao usuario.
  • Se o contador se atopa avariado, persoal de COSMA o notificara ao cliente para proceder ao cambio do contador.
  • A necesidade de cambiar o contador determínaa o Servicio Técnico.

CAMBIO DE EMPRAZAMIENTO

Particularidades

Realizarase unha inspección para informar ao cliente como e ónde pode cambiar a ubicación do contador.

VERIFICACIÓN DO CONTADOR

Verificación oficial de industria

  • Se vostede quere verificar o seu contador, COSMA desmóntallo e colócalle outro, para que poda levalo a Industria.
  • Unha vez verificado o contador, o cliente deberá traelo ao Servicio co resultado de Industria.
  • No caso de existir error no contador, refacturarase segundo a resolución emitida por Industria.
  • Se o contador funciona ben, volvese a instalar. Facturando a instalación e desistalación.
  • O consumo que tivese o contador colocado mentres se realizaba a verificación do seu, facturarase xunto co resto do consumo.
Verificación en COSMA
  • Se vostede é abonado, pode solicitar a verificación do seu contador en COSMA, previo depóstivo de 34,07 € en concepto de fianza. Durante o proceso colocaríaselle outro no seu lugar.
  • No caso de existir erro no contador, se lle reintegraría a fianza ao depositante, e rectificaríanse as facturacións emitidas erroneamente.
  • Se o contador funciona ben, a fianza non sería devolta.
  • O consumo que tivese o contador colocado mentres se realizaba a verificación do seu, facturarase xunto co resto do consumo

Lectura de contadores

  • A lectura dos contadores realízase por parte do persoal de COSMA, en Terminais Portátiles de Lectura, introducindo as lecturas efectuadas no Ordenador central, onde se procede ao seu tratamento como paso previo á facturación.
  • A periodicidade das lecturas é trimestral. Cada 3 meses aproximadamente leremos o seu contador.
  • Para facilitar a lectura, é conveniente que o contador estea nun lugar accesíbel. Os contadores no interior das vivendas supoñen para o cliente a incomodidade de ter unha visita trimestral para tomar a lectura. Infórmese da posibilidade de trasladar a instalación do contador ao exterior da vivenda.
  • En caso de non poder tomar lectura do contador, por ausencia do cliente no seu domicilio, déixase unha Tarxeta de lectura para que el mesmo anote a lectura e nola faga chegar. Para entregarnos a tarxeta, basta con introducila nun buzón de Correos (leva o franqueo pagado, non precisa selo).
  • Nos casos nos que non dispoñemos da lectura do contador, factúrase estimando o consumo en base ao histórico de consumos do cliente (como primeira referencia, tómase sempre o consumo do mesmo período do ano anterior).
  • Todas as lecturas son revisadas polo noso persoal na oficina. Cando detectamos consumos elevados, procedemos a avisar ao cliente, ante a posibilidade de que exista algunha fuga ou problema na súa instalación.

Terminais Portátiles de Lectura

Os Terminais Portátiles de Lectura (T.P.L.´s), utilízanse en COSMA para o rexistro das medidas dos contadores de auga aínda que esta primeira utilidade se completa con outras como a recollida doutra información relacionada coa actividade do Abastecemento de Auga á poboación.

A xeneralización tecnolóxica permitiu o uso nos terminais de sistemas operativos e linguaxes de programación equivalentes aos utilizados en ordenadores de sobremesa. Grazas ao que estes equipos puideron ser utilizados con vantaxe para a verificación de padróns e outros traballos que requiren a captura de datos de forma distribuída en campo.

COSMA ;utiliza aplicacións informáticas para realizar estas actividades, incorporando nelas a experiencia e especialización na súa actividade de abastecedor de auga. O uso de sistemas flexibles e amplamente estendidos fai que estas aplicacións poidan ser utilizadas con independencia do modelo do terminal, permitíndonos incorporar constantemente as melloras tecnolóxicas que o mercado ofrece neste tipo de equipos.