COSMA xestiona o Servicio Municipal de Abastecemento e rede de Sumidoiros de Naron, servindo a unha poboación aproximada de 36.500 habitantes.

naron-colectorA totalidade da auga subministrada provén da presa das Forcadas e comprase ao Concello de Ferrol a través de tres puntos de subministro:

 

 

 

 

 

 

  • Depósito de Catabois: abastece ao Polígono Industrial do Río do Pozo e á Parroquia de O Val.
  • Ponte das Cabras: conexión directa coa rede de abastecemento de Ferrol. Abastecendo ao núcleo urbano de Narón, zona rural (Parroquias de Castro e San Xiao) e ao Polígono Industrial de As Lagoas.
  • A Gándara: conexión directa coa rede de abastecemento de Ferrol. Abastecendo ao Polígono Industrial de A Gándara e zona urbana de A Gándara.

O reto de COSMA é conseguir un abastecemento adecuado en cantidade e calidade a todos os clientes do servicio. Debendo renovar as redes de fibrocemento existentes, que debido á súa antigüidade provocan numerosas avarías. Con as consecuentes molestias para os veciños e a perda de gran cantidade de auga.

Establécese para isto un plan de investimentos así coma un plan de mellora do servicio prestado. Grazas a este plan de investimentos conseguiuse a renovación das redes de abastecemento dun gran número de rúas e a ampliación do servizo de abastecemento a unha boa parte da zona rural.

Dende a creación de COSMA renováronse mais de 20 km de redes de abastecemento e ampliouse a rede en mais de 50 km de novas tubarias de abastecemento en la zona rural.

Actuacións que se executaron conxuntamente coa renovación dos colectores de saneamento, instalación de colectores de pluviais e renovación das beirarrúas.

Xunto co plan de investimentos levase a cabo un plan de mellora do servicio. Co obxectivo de reducir de forma progresiva o número e frecuencia das avarías e cortes de subministro.

Grazas a estas actuacións conseguiuse reducir en torno a 1.400.000 de metros cúbicos a compra de auga ao Concello de Ferrol. O que supón unha redución da compra de auga ao Concello de Ferrol superior ao 30%, dende o ano 2002.

Rede de Abastecemento existente