aqGlobal-banner-informe-ciclo-integral

Ciclo integral
A auga é un gran tesouro que podemos atopar na nosa contorna: no mar, nos ríos, nos pantanos… pero para que chegue ata as nosas casas, escolas, parques, industrias… e podérmola beber, lavarnos con ela, nadar na piscina, ver medrar as flores do xardín… cómpre que a auga siga un proceso coidadoso.
Orixe e procedencia da auga
Abastecemento
Pertence ao Sistema de Explotación n.º 14: Ferrol. Abastecéndose do Encoro das Forcadas, que dá servizo aos concellos de Ares, Fene, Ferrol, Mugardos, Narón, Neda e Valdoviño.
Captacións
O Concello de Narón compra o 100 % da auga en alta, ao non existir captacións dentro do concello.
A auga provén do Encoro das Forcadas, situado no Concello Valdoviño, aínda que a xestión deste depende do Concello de Ferrol, a través da súa empresa mixta EMAFESA, S.A.
Tratamento de auga potable
Xestor: COSMA SA (A15843246).
Propietario: Concello de Narón.
O único tratamento que se realiza é unha recloración no Depósito do Val, que abastece a zona rural.
O tratamento da auga realízase na ETAP de Catabois, xestionada polo Concello de Ferrol (a través da súa empresa mixta EMAFESA, S.A.), para a posterior compra do 100 % da auga subministrada por parte do Concello de Narón.
Depósitos
Xestor: COSMA SA (A15843246)
Propietario: Concello de Narón.
Ao mercar o 100 % da auga en alta, o único depósito da rede de abastecemento do Concello de Narón é o depósito do Val, con 1.200 m3 e superficial, que abastece ás redes das parroquias rurais do Val e San Mateo.
Nome | Localización | Zona de servizo | Código SINAC | Volume | Tipo |
---|---|---|---|---|---|
Depósito O Val |
X UTM: 562704.075 Y UTM: 4821644.83 |
Parroquias do Val e San Mateo | 14188 | 1.200 m3 | Superficie |
Redes de distribución
Xestor: COSMA SA (A15843246)
Propietario: Concello de Narón
A rede de abastecmento do Concello de Narón está composta por 247 km de tubaxes de diámetros entre 32 e 600 mm. Código SINAC 2704. Rede Narón.