A vontade de COSMA de mellorar permanentemente a actividade que desenrolamos, obríganos a estructurar un sistema de traballo que garanta unha eficaz prestación dos servicios de xestión integral da auga ós nosos Clientes, mellorando paulatinamente o seu desempeño. Así como a acadar e demostrar unha sólida actuación en relación cos aspectos ambientais que xeran ou poden xerar as actividades que se realizan.

É por isto polo que COSMA asume o compromiso de acadar os obxectivos declarados mediante a Política de Xestión da Empresa que se resume nos seguintes puntos:

  • Satisfacción do Cliente

Garantir a satisfacción do Cliente mediante a prestación de servicios contratados de acordo cos requisitos especificados, e cos requisitos legais e regulamentarios que lle afecten ás actividades desenvolvidas.

Plan Estratéxico

Plantexar estratexias a medio e longo prazo de funcionamento interno, de comportamento respecto ao Medioambiente e de relación có Cliente, para mellorar a prestación dos servicios, utilizando entre outros, os mecanismos de detección de posibilidades de mellora obtidos pola organización ao aplicar o Sistema de Xestión.

Mellora Continua

Establecer obxectivos de xeito que se manteñan e melloren os niveis de prestación dos servicios contratados e mediante o seguimento destes se revise o Sistema de Xestión e se favoreza a mellora continua do mesmo.

Formación

Planificar e executar de maneira coordinada e progresiva labores permanentes de formación a todo o persoal da Empresa de acordo ás características do seu posto de traballo e as súas expectativas de promoción profesional.

Comportamento Ambiental

Empregar procesos, prácticas ou materiais que eviten, reduzan ou controlen a contaminación e obter así melloras no comportamento ambiental da empresa.

No ano 2008 COSMA obtivo as certificacións por AENOR das normas UNE-EN ISO 9001:2000 e UNE-EN ISO 14001:2004.