• Na cociña

practicas1

Ao fregar os pratos, non permitas que a auga corra mentres os enxaugas.

Enche un lado do vertedeiro con auga para lavar e o outro con auga para aclarar.

Pon en marcha a lavadora e a lavalouza unicamente cando estean cheos.

En verán, garda a auga na neveira ou o conxelador para mantela fría, isto é moito mellor que deixar que o chorro de auga corra ata que se poña fría.

  • No baño

practicas2

¡Date duchas curtas! Antes de ducharte, instala unha alcachofa de baixo fluxo. Non son caras e poden supoñer unha gran diferenza no consumo de auga.

Pecha a auga mentres cepillas os dentes, aféitaste, etc.

Enche de auga unha botella de plástico e colócaa na cisterna do cuarto de baño, ¡ así aforrarás 45 litros do volume de auga que utilizas cada día cando tiras da cadea!

  • De compras

practicas3

A auga está nas froitas e vexetais que consumes cada día.

Toma conciencia da importancia que a auga ten en todos os ámbitos da túa vida.

Diariamente, considera iniciativas ambientáis intelixentes no que respecta aos produtos que consumes.

Consume produtos agrícolas que proveñan da agricultura e respecten o medio. Que non conteñan pesticidas, produtos químicos e gasten menos auga que a agricultura intensiva.

  • Onde queira que esteas

practicas4

Mantén limpa a túa comunidade, recicla e non ensucies. ¡ Tamén así aforrarás auga!

¡Consegue que os teus amigos e familia valoren tamén a auga! ¡ Impón as regras na casa!

En moitos países a auga é de excelente calidade e non é necesario comprala en botella. Bebe auga da billa e evita que as botellas de plástico danen o medio.

Se consumes auga embotellada, reutilizar as botellas ou cómpraas grandes.

  • Na túa comunidade

practicas51.200 millóns de persoas, é dicir case unha de cada 5 persoas, non teñen acceso á auga potable e, a metade da poboación mundial carece de sistemas axeitados de depuración de auga. O problema da auga atínxenos a todos e polo tanto, todos somos responsables.

 

 

  • Na escola

practicas6

Mestres: animade aos alumnos a que escriban textos e fagan presentacións sobre o tema da auga. A auga afecta todos os ámbitos da sociedade e pode estudarse dende calquera área, historia, xeografía, política, ¡ mesmo nos cursos de idiomas! Intentade incorporar o tema da auga ao plan de estudios.

A túa clase ou escola podería adoptar un lago ou un río co fin de coñecer a súa historia, e como se están a utilizar os recursos. O grupo podería protexelo e mantelo limpo.

Cartografa os recursos hídricos locais e crea un mapa con observacións científicas, culturais, históricas e de fauna e flora, relacionadas cos problemas do río ou lago. É unha boa ferramenta, non só para gardar un rexistro do que significa a auga para a comunidade, senón tamén para educar, e coñecer que é o que asegura a súa protección.

¡Sede creativos! Organizade exposicións de arte, lecturas de poesía o tema da cal estea centrado na auga. Organizade concursos de fotografía ou de carteis nas súas áreas durante o Ano Internacional da Auga doce.

  • No xardín

practicas7Para conseguir un bonito xardín e un céspede verde e exuberante, le os nosos consellos sobre como aforrar auga no xardín.

 

 

  • Rego

practicas8

Reagrupa as plantas en función da cantidade de auga que necesite, e deseña o modelo de rego máis axeitado para as túas plantas sen malgastar auga.

Rega sempre as plantas durante as primeiras horas da mañá ou as últimas da tarde, cando a temperatura sexa máis fresca e redúcese ao mínimo a evaporación.

Recolle auga de chuvia para regar as plantas.

  • Plantas

practicas9

As follas das plantas e as árbores non hai que regalas. Bota a auga sobre as raíces e asegúrate de que a absorben toda.

Cando limpes a túa peixeira, utiliza a auga que vas desbotar para regar as plantas. É auga rica en nitróxeno e fósforo, e ofréceche un fertilizante eficaz e sen custo algún. Podes facer o mesmo coa auga na que ferviches a pasta, por exemplo.

Coloca as plantas das túas macetas nun cubo ou vertedeiro cheo de auga. Déixaos durante uns minutos ata que a auga penetrara totalmente e a terra se aireara.

Escava unha pequena gabia arredor das árbores do teu xardín para facilitar que a auga penetre e non escape.

Compra plantas autóctonas da túa rexión e clima. Cada planta require coidados diferentes e, se che preocupa o uso da auga, é importante que teñas en conta a cantidade de auga que necesita, o seu tamaño, aparencia, tempo de floración á hora de elixilas.

Se vives nunha zona seca, ou extremadamente seca en verán, planta especies tolerantes á calor que sobrevivan sen necesidade de rego ou con moi pouca auga.

  • O céspede

practicas10

Cada variedade de céspede necesita unha cantidade diferente de auga. Consulta o teu viveiro local, alí diranche cáles son as variedades máis apropiadas para o lugar no que vivas.

Ao cortar o céspede non o deixes a menos de 2 cm. Pola contra, non contará con follas abondas que o protexan do efecto abrasador do sol.