Cosma, S.A. (Compañía de Servicios Medio Ambientales do Atlántico, Sociedad Anónima), é unha empresa mixta municipal integrada polo Concello de Narón e a sociedade mercantil FCC Aqualia, S.A., constituida en data 12 de xuño de 2002, cun capital social de 601.012,10 euros, dos cales, o 51 % aparece suscrito polo ente público, e o 49 % restante polo socio privado ós que fixo mención co anterioridade.

O obxecto social da sociedade, é:

a) A prestación do Servicio de Suministro domiciliario de auga potable, realizando, dentro do Término Municipal de Narón, toda.las funcións propias do mesmo, tales como as de captación, aducción, tratamento e distribución de auga potable, instalación e mantenimento de contadores, xestión dos abonados, emisión de recibos, facturación e cobro dos mesmos, tanto en prazo voluntario como na vía de apremio.

b) A prestación do Servicio de Saneamento, realizando toda.las tarefas propias do mesmo, como son a recollida e evacuación das augas residuais e pluviais dentro do Término Municipal de Narón, a depuración das mesmas e a sua reutilización.

c) A conservación, explotación, construcción e ampliación de cantas instalacións estean ou poidan estar afectas ós servicios municipais de auga e saneamento.

d) O cobro das tarifas e taxa aprobadas de Auga e Saneamento que corresponda ós particulares, pola prestación dos servicios e concesións outorgados, así como calquera outra tarifa ou taxa municipal cuxo cobro se adjudicara a esta Sociedade mediante concerto co Concello.

e) A execución, dirección e financiación de calquera das obras que sexan precisas para o mantenimento, reposición, mellora ou ampliación, ata alcanzar o mellor estado da técnica, das redes de distribución, depósitos e demáis infraestructuras do servicio de abastecimento de auga potable; as conduccións de recollida e evacuación das augas residuais e pluviais, imbornales, pozos de rexistro, bombeos, e demáis infraestructuras do servicio de alcantarillado, e as redes de colectores xerais, impulsións, e estacións de tratamento e depuración das augas residuais.

f) A realización de calesquera estudios e traballos, tanto de natureza técnica, como económica, xurídica ou administrativa, que sexan precisos para a prestación dos servicios e a realización das actividades indicadas nos apartados precedentes, e moi especialmente a realización de estudios e proxectos técnicos, e a realización de estudios de costes e tarifarios.

g) Toda.las actividades que constitúen o obxecto social da empresa poderán tamén ser exercidas por ésta no ámbito territorial correspondente ás persoas e/ou entidades que libremente poidan convir a súa prestación coa mesma, por calquera medio admitido en dereito.